Antes de entrar en materia, gustaríame facer un apunte no caderno de bitácora, xa que sen darme case nin conta pasaron sete anos desde o último post. A verdade é que se pode dicir que pasaron case sen querer (que desastre ;)😉 ). Pero, coma a caramecha que se mete na súa cuncha ata que as condicións melloran, cando ten humidade para poder saír a comer herbas por aí, pois iso, un pouco de humidade chegoulle á cuncha desta caramecha en forma de Blender.
E diredes: "Cona, e iso onde vai que está aí, meu!". Pois si, pero cantas cousas non nos dan na cara e aínda así non nos damos conta.
Pois choveulle á caramecha en forma de Blender e decidín que tiña que aprender dunha vez a usar este programa GRATUÍTO. Empecei cuns tutoriais básicos, pero non avanzaba, non tiña motivación dabondo modelando un macaquiño. Así que decidín coller un proxecto do meus 😉, neste caso foi un modelado que tiña empezado como vedes eiquí xa importado a Blender:
tratase dun modelo de Jaguar, máis en concreto un E Type Low Drag Cut 7 que escomenzara como uns sete anos atrás ;P😜, empezara coa carrocería pero ainda unha forma moi básica, e o resto veu só. Comecei a collerlle cariño e el empezou a darmo de volta.
Xa entrados nesta relación, pois que mellor maneira de resucitar do seu letargo este caderno de bitácora que compartir os froitos desta nova relación.
Gracias pola visita.😁👍
Un saúdo.